Últimas novas da A. C. Rosalía de Castro de Cacheiras

FESTIVAL DE REIS 2007

O pasado día 5 de xaneiro de 2007 celebrouse no local da Asociación o tradicional Festival de Reis, coa participación dun contacontos, de tódolos grupos de pandeireta da escola, que cantaron unha panxoliña, e dos Reis Magos de Oriente, coa participación do Concello de Teo.

 

ASAMBLEAS XERAIS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 2006

O pasado día 22 de decembro celebráronse no local da Asociación a Asamblea xeral ordinaria de socios correspondente ó ano 2006 e a Asamblea xeral extraordinaria para a elección do novo presidente. Como só houbo unha candidatura, presentada polo actual presidente, D. Alfredo Márquez Barreiro, quedou proclamado de novo presidente por 2 anos máis.

 

COMEZO DO NOVO CURSO 2006-2007

O novo curso 2006-2007 na Asociación xa comezou o pasado día 30 de setembro.

As actividades que oferta a Asociación Cultural son as seguintes:

NOTA: Estas actividades ou outras propostas polos interesados levaranse a cabo sempre e cando o número de persoas anotadas xustifique o desenvolvemento da actividade.

 

RECIBOS PENDENTES

Recordámolles a aqueles socios que aínda non abonaron o recibo do curso 2005-2006 que non poderán anotarse en ningunha actividade que oferte a Asociación Cultural mentres non satisfagan a súa débeda coa Asociación.

Asimesmo, aquelas persoas que se deron de baixa nas actividades de Bordado, Manualidades, Kárate e Ximnasia deixando mensualidades pendentes de pago, tampouco poderán anotarse a ningunha actividade mentres non satifagan ditas mensualidades.

 

CONTINÚA Á VENDA A CAMISETA "OFICIAL" DA NOSA ASOCIACIÓN !!!

Consulta a dispoñibilidade de tamaños e cores. PREZOS DE OFERTA.